VIII Marcha Popular Polas Fragas do Eume

Martes, 19 de Abril de 2011 16:34
Imprimir
A 7ª Marcha popular polas Fragas do Eume,   celebraráse o vindeiro 24 de abril, con saída ás 10 da mañá no paseo marítimo de Pontedeume.
A proba en todo momento irá acompañada do continxente de Protección Civil.
Os 100 primeiros cicloturistas inscritos terán avituallamento (sólido e líquido), e ao remate da proba farase un sorteo de agasallos entre os participantes e o público asistente.
REGULAMENTO
Os participantes deberán ter cumpridos os trece anos de idade.
A proba desenvolverase pola estrada local, que chega ata o Mosteiro de Caaveiro, sendo en todo momento neutralizada pola organización.
O percorrido da mesma será de 28 Km.
Será obrigatorio o uso de casco.
Para inscribirse deben telefonear ao SERVIZO DE DEPORTES do Concello de Pontedeume, Número: 981-433041 ou personarse no Pávillón Municipal de Deportes “ A Casqueira” antes do día 21 de abril , ou media hora antes no lugar da proba.