V Circuitada de B.T.T. Concello de Pontedeume

Martes, 19 de Abril de 2011 16:25
Imprimir
- O día 23 de abril a partir das 16,30 horas terá lugar no Paseo Marítimo de Pontedeume ( debaixo da ponte da autoestrada ) a 4ª circuitada B.T.T
- A entrega de dorsais realizarase a partir dás 16:00 horas.
- As categorías serán as seguintes :
A: de 6 a 9 anos.
B: de 10 a 16 anos.
C: maiores de 16 anos.
- A proba será mixta e para maiores de 6 anos.
- Dependendo da categoría terán que percorrer un número de voltas que será indicado pola organización.
- A saída realizarase en grupos de seis ciclistas clasificándose os tres primeiros para a final.
- Será obrigatorio o uso de casco.
- Ao remate da proba realizarase un sorteo de agasallos entre os participantes e o público asistente.
- Entregarase avituallamento sólido e líquido.
- Recibirán trofeo o 1º e 2º clasificados de cada categoría.
- Para inscribirse deben telefonear ao SERVIZO DE DEPORTES do Concello de Pontedeume, Número: 981-433041 ou personarse no Pávillón Municipal de Deportes “ A Casqueira” antes do día 21 de abril , ou media hora antes no lugar da proba.