I Ruta Btt Concello da Capela

Miércoles, 27 de Octubre de 2010 20:37
Imprimir

DESCARGA O TRACK DA RUTA [ DESCARGAR ]

É necesario o DNI pra recollida do dorsal

Como chegar

Coordenadas GPS

N 43 26.158   W 8 03.762

Neste mapa vos indicamos o lugar de saida da proba, podedes ver como chegar clicando no mapa e indicandolle lugar de orixen



Ver mapa más grande

PUNTOS DE INTERESE
planoFinal

 

        

cartelPubli

                                                

¡¡¡¡INSCRIPCIÓN PECHADA!!!

[ Tríptico da ruta

DESCARGA O TRACK DA RUTADESCARGAR ]

 

Anímate a participar o vindeiro 28 de novembro nunha marcha cun novo percorrido, onde o Concello da Capela mostrará a súa “Natureza Viva” a través de camiños vellos, corredoiras estreitas, subidas intensas e baixadas rapidísimas. Redescubre a BTT na Serra de Forgoselo onde nacen os ríos Belelle, Xubia, e o Alto de Fontardion cun perfil máis esixente e técnico.

Este importante patrimonio natural queremos poñelo en valor, a través de esta I Ruta de Btt Concello da Capela - Peña Ciclista Leboreira

Para ver a regulamentación e detalles continua lendo

 

AGASALLOS

- Os participantes na marcha terán un recordo conmemorativo.

- Ainda non sendo unha proba competitiva, faranse entrega dos seguintes trofeos:

- Ciclista máis veterano

- Ciclista máis novo.

- Clube máis numeroso(minimo 3 ciclistas).

- Clube de máis lonxe(minimo 3 ciclistas).

En caso de empate entre dous ou mais clubes o trofeo ao clube máis numeroso, recibirá o premio o clube de máis lonxe entre eles. No caso de empate para o trofeo do clube máis lonxano, levara o premio aquel que aporte máis participantes.

- Sorpresas e sorteos de agasallos entre todos-as participantes

SERVIZOS.

- Un avituallamento en ruta e unha pinchada no pavillón ao finalizar a ruta.

- Duchas na piscina municipal da Capela.

- Seguros de Responsabilidade Civil e de accidentes.

- Servizo de asistencia Médico-Sanitario.

- Vehículos de apoio e personal de seguridade.Lavado de bicicletas.

PERCORRIDO

- Ten unha distancia total de 44Km. O percorrido irá neutralizado nos primeiros 30 quilómetros e logo, no comenzo da subida ao Fontardión, cada un/unha poderá ir ao seu ritmo ata chegar ao final da ruta, no Colexio Mosteiro de Caaveiro da Capela.

- Haberá unha alternativa de menor distancia e dificultade para evitar á subida ao Fontardión. Con esta alternativa á Ruta terá unha distancia de 37 kms. Aproximadamente

- Haberá un avituallamento, sólido e líquido no “Curro do Forgoselo”

- Ao final da Ruta haberá un servizo de lavado de bicicletas así como servizos de duchas na Piscina Municipal

REGULAMENTO

- O número máximo de participantes limítase a 150 a mais a organización

 - Os participantes seguirán en todo momento as instrucións que a Organización ou Autoridades indiquen

- É obligatorio en todo momento o uso do casco de protección homologado

- É aconsellabel á utilización de dispositivos GPS e teléfono móbil

- Tódolos participantes consideraránse en excursión persoal, debendo aterse ás normas do vixente Reglamento General de Circulación, considerándose persoalmente responsabels dás infraccións que puideran cometer

- Á Organización non se fai responsabel de ningún accidente do que puideran ser causa ou vítimas os participantes, nin dos danos á bens ou persoas que ístos puideran causar, nin dos gastos ou débedas que puideran contraer perante o percorrido

- Á Organización resérvase o dereito de modificar ou suspender á Ruta ou parte dela en función da climatoloxía ou outras causas

- A Organización poderá obrigar a retirarse a aqueles/as que non consigan chegar en hora a determinados puntos da Ruta

- Calquera posible pérda ou incidente no traxecto, deberá ser comunicado á Organización, a través dos números de teléfono facilitados xunto co dorsal

 - O tráfico rodado permanecerá aberto nas estradas e camiños polas que transcorre a marcha e é responsabilidade do participante observar as normas de circulación. Non respectar ditas normas podería implicar incorrer nas sancións establecidas polo Código de Circulación

- Queda totalmente proibido arroxar lixo ao chan. A Organización expulsará a calquera participante que infrinxa esta norma, perdendo así a inscrición e todos o dereitos que esta marcha lle outorgue

- O feito de inscribirse na marcha implica á aceitación, por parte dos participantes, do presente Regulamento e á renuncia a toda reclamación en contra da Organización dos danos que puideran sofrir durante a mesma

INSCRICIÓNS

- A inscripción ten un coste de 10€ (inclúe a pinchada), o prazo para as inscricións quedará pechado o día 23 de Novembro ás 12:00 horas ou no momento de chegar ao límite de ciclistas fixados

¡¡¡¡INSCRIPCIÓN PECHADA!!!

Consultas en

Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla


FICHA TÉCNICA

perfil


Percorrido:

44 kms. ruta longa

37 kms. ruta corta

Duración aproximada: Entre 4 horas e media e 5 horas

Subidas importantes

Baixadas técnicas

Avituallamento: km 20 (sólido e líquido)

Esixencia técnica: Media-alta

Esixencia física: Alta

 

 

ORGANIZA

 

capela

 

 

 

COLABORAN

 

logoPena
   

proteccioncivil

      powerade

 

 

logoroca

Telf. 981 313 674 - Ferrol

470

Santa Lucía 1 Bajo 15006 A Coruña

Tel.: 881 966 436

palma

 

 

 

tonita

peizas

hotel

pepe