Peña Ciclista Leboreira

Dando pedales dende a comarca do Eume

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Inicio

IX Cronoescalada a Breamo

E-mail Imprimir

A Peña Ciclista Leboreira en colaboración coa Comisión das Peras 2012, organiza a IX Cronoescalada a San Miguel de Breamo. Esta crono vai dirixida a todos os cicloturistas que queiran gozar e ao mesmo tempo sufrir coa ascensión a Breamo, realizando un reto persoal coas duras ramplas de suba, anímate e participa.

 

Saída o sábado 8  de setembro de 2012 as 18:00h na Alameda de Pontedeume

 

cartel

 

DESCARGAR TRIPTICO DA PROBA (Contiene la autorización paterna)

 

ENLACE AL HILO DE DISCURSIÓN EN NUESTRO FORO

 

 

perfil1000

[ clic para agrandar el perfil ]

 

 

IMPORTANTE

Todos os apuntados na paxina web e os posibles participantes de ultima hora deberán recoller o seu dorsal o día da crono na Alameda de Pontedeume a partir das 16h ata as 17h30h.

Os inscritos na proba despois de esta hora sairán ao final del grupo principal.

RECORDAR que o estar inscrito na páxina web e solo pra ter una previsión dos participantes que participarán na crono.

Se considerara apuntado ol que tenga o seu dorsal correspondente e a sua hora de saida.

 

Prestacións por participar:

Os 75 primeiros inscriptos recibirán un regalo conmemorativo.

Teremos un avituallamento líquido.

Servizo de vestiarios e duchas no Pavillón dá Casqueira.

Persoal de seguridade.

Sorteo entre os participantes de duas consulta-tratamento no Centro de Fisioterapia Breamo.

 

Inscricións:

A inscrición na proba é gratuíta.

Por Internet en www.penaleboreira.org ou chamando aos teléfonos: 981434129 - 647082167.

O prazo de inscrición via WEB finaliza o venres 7 as 23:00h, o mesmo día ata media hora antes da saída na zona de salida (saída ás 18 h dende a Alameda de Pontedeume.).

Tódolos apuntados despois das 17:30 h. sairan un grupo ó final

 

Trofeos:

Recibirán trofeo os primeiros e segundos de cada categoríaCategorías:

A- 14-18 anos

B- 19-40 anos

C- 41 anos en diante

Trofeo ao primeiro e segundo tempo realizado en bicicleta de Montaña

Trofeo ao máis novo.

Trofeo ao máis veterano

Trofeo feminino.

Trofeo ao club máis numeroso.

Premio en metálico o participante que bata o tempo establecido na derradeira edición de 10’42’’.

 

REGULAMENTO

Esta cronoescalada esta dirixida a todos os cicloturistas maiores de 14 anos.

Os menores de idade necesitarán autorización paterna.

A subida realizarase polas rúas de Pontedeume ata chegar ao tramo de asfalto, para rematar na Ermida de San Miguel de Breamo.

O percorrido total é de 3,5 Km.Os participantes sairán dun en un cunha marxe de tempo de 1 minuto.

Será obrigatorio o uso do casco.

Todos os participantes consideranse en excursión persoal, debendo aterse ás normas do vixente Código de Circulación en Estrada e considerándose persoalmente responsables de todas as infraccións que poden cometer.

A Organización non se fai responsable de ningún accidente do que puidese ser causa ou vítima o cicloturista, como tampouco se fai solidaria dos gastos nin das débedas que puidesen contraer os participantes durante a marcha.

O mero feito de inscrición nesta crono implica a aceptación do presente regulamento e a renuncia a todos os dereitos contra os organizadores derivados dos danos que se poidan ocasionar na proba.