Peña Ciclista Leboreira

Dando pedales dende a comarca do Eume

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Inicio

IX Subida o Castelo Andrade

E-mail Imprimir

A Peña Ciclista Leboreira invítavos a participar na novena subida ó Castelo de Andrade, que terá lugar o día 24 de setembro, con saída dende a pista polideportiva de Nogueirosa ás 17 horas. Con esta ruta queremos pasar un día de lecer de ciclismo e ao mesmo tempo facer da subida ao Castelo un reto persoal.

[ Actualización ]

Fotos da subida

 

Clasificación xeral

 

cartelIXSubidaCastelo

perfil

 

TRIPTICO DA SUBIDA (Contén a autorización paterna)

 

INSCRIPCIÓN PECHADA

 

 

QUE OFRECEMOS

Os participantes na subida terán un agasallo. Realizaranse sorteos entre os participantes de:

Material deportivo e de ciclismo.

Menú degustación para duas persoas no Restaurante LOS MOLINOS.

Consulta para unha persoa no Centro de Fisioterapia BREAMO.

Otorgaremos trofeos ao primeiro e segundo clasificado das catro categorías na chegada do tramo libre.

Categorías

A- De 10 a 13 anos

B - De 14 a 19 anos

C - De 20 a 40 anos

D - De 41 en diante

E tamén un trofeo

- Ó máis veterano

- Ó máis xoven

- Á participación femenina

- Ó clube máis numeroso (4)

Avituallamento sólido e líquido

Vestiario con duchas Coche escoba

O número máximo de participantes será de 130, pasado este número, a organización non asegura regalo, nin avituallamento.

Un ano máis o Concello de Pontedeume fará unha xornada, pola tarde de portas abertas para visitar o castelo, para todos os asistentes na chegada á subida

Queremos dar as grazas a tódolos/las participantes e entidades colaboradoras na realización desta subida,sen a cal non se podería levar a cabo.

REGULAMENTO

Esta subida está aberta a todolos cicloturistas maiores de 14 anos. Os participantes con idades comprendidas entre os 10 e os 13 anos, sairán nun grupo despois de salir o principal. Percorrendo solamente o tramo libre de 5 kms. Os menores de idade deberán traer firmada a autorización paterna para poder participar na subida cicloturista.

A marcha será controlada pola organización, non podendo adiantar á mesma, agás no tramo libre ó castelo que terá un recorrido de 5 Km. A proba está pensada para un máximo de 130 cicloturistas.

É obrigatorio o uso de casco.

Tódolos participantes consideranse en excursión persoal, debendo aterse ás normas do vixente regulamento xeral de circulación, considerándose persoalmente responsabels das infraccións que poidan cometer.

A organización non se fai responsabel de ningún accidente do que poidera ser causa ou víctima o participante durante a marcha, como tampouco dos gastos ou deudas que poidera contraer durante o percorrido. O feito de inscribirse na proba, implica a aceptación do presente regulamento e a renuncia a tódolos dereitos contra a organización dos danos que poidan ocasionar na marcha.

O percorrido total será aproximadamente duns 16 km., dos cales 11 serán neutralizados pola organización, sendo os últimos 5 km. de tramo libre ata chegar á meta do castelo, de donde sairán os clasificados de cada categoría.

INSCRICIÓNS

A inscrición na proba e gratuita até o día 23.

O día da proba poderase realizar a inscripción até media hora antes da saída (17 h.), abonando a cantidade de 3 €.

Telfs. 981 434 129 • 626 114 639 • 647 082 167.