Peña Ciclista Leboreira

Dando pedales dende a comarca do Eume

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Inicio

Actividades de Semana Santa 2015

E-mail Imprimir

 

 

 

XI CONTRA-RELOXO INDIVIDUAL NO PASEO MARÍTIMO


O 4 de Abril a partir das 16:30 horas terá lugar no paseo marítimo a 11ª Contra-reloxo individual

para ciclistas de idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos.

Os 1º e 2º clasificados de cada categoría, recibirán un trofeo, e o terceiro medalla.

As categorías establecidas serán as seguintes:

  • A: de 4 a 5 anos
  • B: de 6 a 8 anos
  • C: de 9 a 11 anos

IX CIRCUITADA DE B.T.T. CONCELLO DE PONTEDEUME

 

O día 4 de Abril a partir das 17,30 horas terá lugar no Paseo Marítimo de Pontedeume ( debaixo da ponte da autoestrada )
a 9ª circuitada B.T.T.
A entrega de dorsais realizarase a partir dás 17:00 h.
As categorías serán as seguintes :

 

  • A: de 6 a 8 anos.
  • B: de 9 a 11 anos.
  • C: de 12 a 14 anos.

 

 

REGULAMENTO:

A proba será mixta e para maiores de 6 anos.
Dependendo da categoría terán que percorrer un número de voltas que será indicado pola organización.
A saída realizarase en grupos de ciclistas.
Será obrigatorio o uso de casco.

Entregarase avituallamento sólido e líquido o finalizar a proba.

Recibirán trofeo o 1º e 2º clasificados de cada categoría, e o terceiro medalla.

 

 

XII MARCHA POPULAR POLAS FRAGAS DO EUME

 

 

A 12ª Marcha popular polas Fragas do Eume, celebraráse o vindeiro 5 de Abril,

con saída ás 10 da mañá no paseo marítimo de Pontedeume.

 

 

REGULAMENTO:

. A proba en todo momento irá acompañada da Policía Local e do continxente de Protección Civil.

. Os participantes deberán ter cumpridos os 12 anos de idade.

. A proba desenvolverase pola estrada local, que chega ata o Mosteiro de Caaveiro,

donde se entregará un pequeño avituallamento sólido e liquido.

. A proba será en todo momento neutralizada pola organización,non podendo adiantar á mesma

. O percorrido da mesma será de 28 Km.

. Será obrigatorio o uso de casco, e respetar as normas do vixente regulamento xeral de circulación.

 

Para inscribirse deben telefonear ao SERVIZO DE DEPORTES do Concello de Pontedeume, Número: 981-433041

ou personarse no Pávillón Municipal de Deportes “ A Casqueira” antes do día 1 de Abril ,

ou media hora antes no lugar da proba.

 

Última actualización el Domingo, 08 de Marzo de 2015 15:47