Peña Ciclista Leboreira

Dando pedales dende a comarca do Eume

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Inicio

Actividades ciclistas Semana Santa 2013

E-mail Imprimir

 

 

Para ver o regulamente e descripción das probas pincha en leer mas.

 

IX CONTRA-RELOXO INDIVIDUAL NO PASEO MARÍTIMO.

O 30 de marzo a partir das 16:30 horas terá lugar no paseo marítimo a 9ª Contra-reloxo individual para ciclistas de idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos. Os 1º e 2º clasificados de cada categoría, recibirán un trofeo.

As categorías establecidas serán as seguintes:     

- A: de 4 a 5 anos.     

- B: de 6 a 8 anos.     

- C: de 9 a 11 anos.


VII CIRCUITADA DE B.T.T. CONCELLO DE PONTEDEUME

O día 30 de marzo a partir das 17,30 horas terá lugar no Paseo Marítimo de Pontedeume  ( debaixo da ponte da autoestrada ) a 7ª circuitada B.T.T. A entrega de dorsais realizarase  a partir dás 17:00 h. 

As categorías serán as seguintes : 

-A: de 6 a 8 anos.  

-B: de 9 a 11 anos.  

-C: de 12 a 14 anos.


REGULAMENTO:

A proba será mixta e para maiores de 6 anos.Dependendo da categoría terán que percorrer un número de voltas que será indicado pola organización.A saída realizarase en grupos de seis ciclistas.Será obrigatorio o uso de casco.Entregarase avituallamento sólido e líquido o finalizar a proba. Recibirán trofeo o 1º e 2º clasificados de cada categoría.

 

X MARCHA POPULAR  POLAS FRAGAS DO EUME.

A 10ª Marcha popular polas  Fragas do Eume,   celebraráse o vindeiro 31 de marzo,  con saída ás 10 da mañá no paseo marítimo de Pontedeume.

REGULAMENTO:

 . A proba en todo momento irá acompañada da Policía Local e do continxente de Protección Civil.
. Os participantes deberán ter cumpridos os 12 anos de idade.
. A proba desenvolverase pola estrada local, que chega ata o Mosteiro de Caaveiro, donde se entregará un pequeño avituallamento sólido e liquido. 
. A proba será en todo momento neutralizada pola organización.
. O percorrido da mesma será de  28 Km.
.  Será obrigatorio o uso de casco, e respetar as normas de circulación.

INSCRIPCIÓNS:

Para inscribirse deben telefonear ao SERVIZO DE DEPORTES do Concello de Pontedeume, Número: 981 43 30 41 ou personarse no Pávillón Municipal de Deportes “ A Casqueira” antes do día  27 de marzo , ou media hora antes  no lugar da proba.