Tramitación licencias 2016

Información o temas mas generales

Tramitación licencias 2016

Notapor Foro Leboreira » 11 Dic 2015 00:13

Tramitación licencias 2016
Xoves, 10 de Decembro de 2015
Tema:
Avisos

Estimad@s compañeir@s


Dende a FGC publicamos esta nota informativa para mantervos ao tanto de como van as xestións respecto da contratación da nova póliza de seguro de accidentes que vai ligada á tramitación de licenzas 2016.


Tal como se expuxo na Asemblea Ordinaria celebrada o pasado 24 de Outubro estase a negociar con distintas aseguradoras para conquerir as mellores condicións ó respecto do seguro de accidentes, aínda así a tarefa é compricada debido á alta siniestrabilidade que rexistramos este ano e que provocou que as cuotas de seguro se incrementen. Con estas previsións na devandita Asemblea aprobáronse unhas taxas de licencias confiando que a estas alturas de ano xa se tería chegado a un acordo con algunha compañía de seguros.


A realidade é que a día de hoxe seguimos sen atopar unha compañía que ofreza un prezo interesante e asumible. Por desgraza esta situación non só afecta á FGC xa que o resto das federacións territoriais están na mesma situación polo que dende a RFEC estanse a realizar os contactos e tomando as medidas oportunas.


Esta situación levounos a convocar unha Asemblea Xeral Extraordianaria o próximo día 19 de Decembro para tratar o tema do seguro de accidentes e a súa repercusión nas taxas das licenzas 2016.


Por todo isto espero que comprendades que a día de hoxe non é posible tramitar licenzas 2016, xa que non temos pechado ningún acordo de seguro de accidentes nin podemos aventurar o custo do mesmo e a súa repercusión nas licenzas.


Pregamos disculpedes as molestias que este retraso vos poida provocar, e poñemonos a vosa disposición para clarexar calquera dúbida que teñades.

Sen mais, despídome atentamente, aproveitando para desexarvos unhas felices festas.


En Vigo, a 8 de Decembro de 2015
David Carrillo
Secretario Federación Galega Ciclismo
Foro Leboreira
Avatar de Usuario
 
Mensajes: 171
Registrado: 31 Jul 2013 11:05


Re: Tramitación licencias 2016

Notapor Foro Leboreira » 29 Dic 2015 23:28

Los interesados en tramitar la licencia del 2016, ponerse en contacto con la peña.
Foro Leboreira
Avatar de Usuario
 
Mensajes: 171
Registrado: 31 Jul 2013 11:05


Volver a Varios

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 1 invitado

cron