Actividade Leboreira "Ruta do ferrocarril"

Información o temas mas generales

Actividade Leboreira "Ruta do ferrocarril"

Notapor Marcos_Freire » 22 Abr 2012 22:13

Este día 22 de Abril a Peña Ciclista Leboreira organizou para os seus socios a actividade "Ruta do ferrocarrril" que discurre entre as localidades de A Pontenova (Lugo) e San tirso de Abres (Asturias).

A actividade xuntou a un tipo moi variado de ciclistas, dende os máis novos ós que xa teñen moitas primaveras no seu lombo,dende os/as que levaban moito tempo sen subirse a unha bici ata os que fan case 10.000km ó ano. Pero todos tiñan un denominador común, pasálo ben enriba da bicicleta.


Imagen

O recorrido é moi pouco exixente, ideal para a variedade de ciclistas que se xuntaron, e prestábase a pedalear sosegadamente admirando a paisaxe e coa rumorosidade do río Eo como banda sonora.

Imagen

De este xeito chegamos todos xuntos a San Tirso de Abres onde divideuse o grupo.

Imagen

Mentres unhos volvían á Pontenova polo mismo camiño de ida outros facían unha variante de volta máis "montañeira".

Imagen

Sen dúbida o tramo do ferrocarril é impresionante pero as vistas que nos deparaba esta variante eran abraiantes e só poden apreciarse con toda a súa magnitude cando estás alí.

Imagen

Ó final xuntámonos de novo e disfrutamos dunha reparadora ducha, o cal nos abreu o apetito. Non había millor escusa para disfrutar da gastronomía local..............

Ata a próxima.
Marcos_Freire
Avatar de Usuario
 
Mensajes: 153
Registrado: 20 Sep 2010 19:38


Re: Actividade Leboreira "Ruta do ferrocarril"

Notapor DAVID DEIBE » 23 Abr 2012 19:08

gracias por las fotos

un saludo
DAVID DEIBE
 
Mensajes: 4
Registrado: 17 Ene 2012 21:03


Volver a Varios

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 1 invitado

cron